Arrincamos Pi Solucións!

Esta entrada no noso blogue supón plasmar unha ilusión. Somos un grupo de alumnos de 2º curso do Ciclo de Formación Profesional Básica en Informática de Oficina, no IES Maximino Romero de Lema, de Baio (Zas, A Coruña).

Xa levamos uns meses traballando neste proxecto de mini empresa: Pi Solucións. O noso obxectivo é que este proxecto sexa unha realidade e abrirnos un oco no mercado.

O noso obxectivo é mellorar a xestión das PEMEs coa axuda e adquisición de ordenadores de baixo custe, configurados completamente con solucións de software libre.

Todo o que che poidamos contar o atoparás aquí e nas diferentes canles. Polo de agora queremos transmitir ilusión polo noso proxecto e ter moito éxito!